1/16/2014

LEMA Y BASES CANCIÓN MISIONERA 2014


En la Delegación de Misiones de Ourense arrancamos motores hacia la celebración de los Festivales de la Canción Misionera Juvenil e Infantil.

Festivales que en la Diócesis de Ourense, son una realidad que lleva 45 años latiendo y este año las fechas de celebración serán el 29 y 30 de Marzo en el Auditorio de Ourense.

Esto es posible gracias a todas y cada una de las personas que se animan y motivan a participar en ellos a mayores y niños y a todos los que colaboran en el desarrollo y montaje de los mismos.

El lema de este año que será "Discípulos- Misioneros". Como sabéis para participar en el Juvenil tendréis que tener de 14 años en adelante y para el infantil hasta esa edad.

Animamos a todas las Parroquias y Colegios, asi como a los jóvenes a que vengáis a participar y a compartir vuestra música este año cantándole a las Misiones.

Adjuntamos las bases para poder participar en la edición de Ourense, tanto en el Infantil como en el Juvenil.



XLV Festival Xuvenil
da Canción Misioneira
Sábado 29 de Marzo 2014 - Auditorio Municipal de Ourense

BASES:
  • Poden participar no Festival Xuvenil tódolos xóvenes de 14 anos en adiante.
  • A letra das cancións fará, obrigatoriamente, mención á dimensión misioneira e evanxelizadora da Igrexa. O lema para este ano, será: “ Discípulos- Misioneros ”.
  • A letra e a música das cancións serán orixinais e inéditas. Poden estar en galego ou en castelán.
  • A duración da canción debería ser, como máximo, de 5 minutos, podendo puntuar negativamente este aspecto, se así o decidise o xurado.
  • Se a organización estimase que o número de participantes inscritos é moi alto, levaríase a cabo unha preselección das cancións, podendo quedar fóra algunha delas.
  • Antes do 14 de Marzo, entregarase na Delegación de Misións:
  • Letra da canción a misiones@obispadodeourense.com
  • Gravación da canción en, CD ou MP3.
  • Datos: nome do autor da letra e da música; nome e enderezo do responsable do Grupo; nome artístico do Grupo, número de participantes e instrumentos musicais.
  • Os PREMIOS distribuiranse da seguinte maneira:
  • Trofeo a tódolos grupos participantes.
  • Trofeo ó autor da mellor música.
  • Trofeo ó autor da mellor letra.
  • Trofeo ó autor da mellor letra en galego.
  • Trofeo ó grupo con mellor interpretación.
  • Trofeo ó “Grupo revelación”
  • 1º PREMIO de 300
  • 2º PREMIO de 200 €
  • 3º PREMIO de 150 €
  • Se as O.M.P decidisen a edición ou gravación dalgunha destas obras, en calquera das fases, os dereitos de autor pasarán a ser de O.M.P., quedando para estes os posibles beneficios.
  • Non se asegura ós participantes a posibilidade de realizar unha proba de son con anterioridade ó momento da actuación diante do xurado.
  • A finalidade destes Festivais é ofrecer un ámbito no que poder compartir os intentos de Evanxelización dende a música, valorada como un dos elementos culturais de maior incidencia na nosa sociedade, e compartir tamén os intentos de abrir as nosas comunidades á Misión Universal da Igrexa.
  • A decisión do xurado será inapelable. A participación neste Festival obriga á aceptación íntegra destas bases.
 
XXXVI Festival Infantil
da Canción Misioneira
Domingo 30 de Marzo 2014 - Auditorio Municipal de Ourense


BASES:

  • Poden participar no Festival Infantil tódolos nenos que o desexen con idades ata os 16 anos.
  • O autor ou autores da letra e a música, e o director do grupo, poden ser adultos.
  • A letra das cancións fará, obrigatoriamente, mención á dimensión misioneira e evanxelizadora da Igrexa. O lema para este ano, será: “ Discípulos- Misioneros ”.
  • A letra e a música das cancións serán orixinais e inéditas. Poden estar en galego ou en castelán.
  • A duración da canción debería ser, como máximo, de 5 minutos, podendo puntuar negativamente este aspecto, se así o decidise o xurado.
  • No escenario pode estar un adulto dirixindo ou acompañando, pero non pode ser nin o único nin o principal en tocar un instrumento.
  • Antes do día 14 de Marzo entregarase na Delegación de Misións:
  • Letra da canción a misiones@obispadodeourense.com .
  • Gravación da canción en CD ou MP3.
  • Datos: nome do autor da letra e da música; nome e enderezo do responsable do Grupo; nome artístico do Grupo, número de participantes e instrumentos musicais.
  • Se a organización estimase que o número de participantes inscritos é moi alto, levaríase a cabo unha preselección das cancións, podendo quedar fóra algunha delas.
  • Os PREMIOS distribuiranse da seguinte maneira:
  • Trofeo a tódolos grupos participantes.
  • Trofeo ó autor da mellor música.
  • Trofeo ó autor da mellor letra.
  • Trofeo ó autor da mellor letra en galego.
  • Trofeo ó grupo con mellor interpretación.
  • Trofeo ó “Grupo revelación”
  • Trofeo para o 1º, 2º e 3º clasificado.
  • Se as O.M.P decidisen a edición ou gravación dalgunha destas obras, en calquera das fases, os dereitos de autor pasarán a ser de O.M.P., quedando os posibles beneficios para Obra da INFANCIA MISIONEIRA.
  • A finalidade destes Festivais é ofrecer un ámbito no que poder compartir os intentos de Evanxelización dende a música, valorada como un dos elementos culturais de maior incidencia na nosa sociedade, e compartir tamén os intentos de abrir as nosas comunidades á Misión Universal da Igrexa.
  • A decisión do xurado será inapelable. A participación neste Festival obriga á aceptación íntegra destas bases.

0 comentarios :

Publicar un comentario