12/04/2015

SEMBRADORES DE ESTRELLAS EN OURENSE



Benqueridos amigos e amigas:
Dende a Delegación Diocesana de Misións e a Asociación Xuvenil AMENCER , queremos poñernos en contacto convosco para coordinar un ano máis a bonita campaña de " Sementadores de Estrelas".
A proposta é xuntarnos o sábado 12 de decembro ás 11.00 horas na Parroquia de María Auxiliadora para ter a celebración do envío e posteriormente seguir un itinerario común. Tamén cabe a posibilidade de que os grupos que o desexen (tanto de colexios como de catequeses parroquiais) se despracen ata o seu barrio a felicitar o Nadal. Tendo en conta que nos volveriamos xuntar todos na Praza Maior ás 13:00 h. para dar lectura a un manifesto final e cantar algunhas panxoliñas,facendo entre tódolos participantes unha estrela humana. Rematariamos sobre as 13'15 horas.
Lembrar algúns detalles de importancia a ter en conta:
  • Os grupos que vaiamos participar: colexios, parroquias, movementos... deberemos avisar con antelación á Delegación de Misións a efectos de organización, material. ..
  • Os grupos que poidan, que leven megáfonos e tamén instrumentos musicais: guitarras, pandeiretas… para animar a cantar a os rapaces e á xente que vai pasando polas rúas.
  • Os animadores facémonos presentes entre os rapaces, animándoos e acompañándoos durante toda a actividade; coidando o tránsito polas rúas (pasos de cebra, coches...)
Sementadores de Estrelas
Data: 12 de Decembro, sábado
Lugar de encontro: Parroquia María Auxiliadora
Horario: de 11:00 a 13,15 h






0 comentarios :

Publicar un comentario