
Recordamos que la Delegación de Misiones de Ourense ha habilitado una cuenta corriente para quienes quieran colaborar ayudando a estas poblaciones.
ABANCA
DIOCESIS DE OURENSE – Cuenta Misioneros
IBAN ES49 2080 5251 4730 0133 0272
CONCEPTO: Ayuda a Ecuador
Podréis leer el texto en castellano aquí
"Onte, as 18h58
cumpríase unha semana do terrible terremoto que asolou as provincias
ecuatorianas de Manabí e Esmeraldas. Estabamos nese fatídico minuto
á porta da Igrexa, en absoluto silencio, coa mirada perdida uns, cos
ollos pechados outros. Algunha mulleriña bisbaba un “¡Dios mío!,
¡Dios mío!”. Entrementres as campás da Igrexa tocaban a morto
con badaladas que petaban no corazón, coma puñais de dor.

Non estamos en
condicións aínda de tomar decisións. De momento imponse alimentar
ós damnificados e sostelos na dor. E os damnificados medran e
medran. Non son só mortos e os que perderon a casa. Co terremoto
parou todo e polo tanto non hai traballo. Nós mesmos en Manta non
temos como lle pagar ás persoas que laboraban na parroquia porque se
pagaba co que entraba de limosnas. E esa xente precisa seguir
vivindo.


E se ergo a mirada
vexo dor e máis dor. Só en Manta hai a lo menos tres colexios
católicos desfeitos. Neles estudaban máis de seis mil nenos e
mozos. Tamén hai sete Igrexas danadas que hai que ver si merece a
pena erguelas.
E se miro a xente
escoito voces quebradas que me din “Padresito, perdimos la casita”,
“Al lado de mi casa murieron tres..”.
Incluso a catedral
que pensabamos a salvo, ten un informe duns arquitectos mexicanos de
que as torres están a punto de caer sobre dela.
Esta noite
empezaremos a Misa a escasos metros da Igrexa, ó pe duns escombros
onde morreron sete persoas. Rezaremos en silencio e en silencio
camiñaremos un pasos ata o parque onde celebraremos na Misa ó Deus
da vida.
Ben
sei que nos medios xa non quedan apenas noticias do terremoto, pero,
por favor... non vos esquezades de nós."
Manolo
Rodicio (Manta)
0 comentarios :
Publicar un comentario