4/18/2016

RELATO DESDE ECUADOR

Nos envía una carta Manuel Rodicio , sacerdote ourensano, desde Jipijapa (Ecuador) donde nos relata los momentos vividos durante el fuerte terremoto. La adjuntamos en castellano también.


"Temblor. É o sábado 16 a eso das sete. Xa noite. Bah! Pronto pasará, pensó eu, porque vivimos onde a terra tembla con frecuencia. Pero non. Esta vez dura máis. E cada vez é máis forte. Eu estaba en Jipijapa porque iba sustituir a un cura en días de descanso. Cae a biblioteca cos libros. Ruido por todas partes. Penso rápido e tírome debaixo da cama. Os segundos fanse eternos. Por fin… calma… e ladrido de cans.
Baixo e atopo a José Manuel no patio. O medo tamén lle pudo e saiu correndo da Igrexa. Todo se movía. O Sagrario, despois de bambearse o que quixo, caiu por terra. O medo iguálanos a todos.
Despois empezou o reconto. En Jipijapa imos vendo destrozos pero non se reportan mortos. Xentiña humilde perdeu a casa. E empezamos una longa noite sen luz. Con medo. Haberá réplicas. Salimos en estampida e eso das dúas da madrugada. O esperado: un pequeño temblor… e psicosis de gran temblor.
Entretanto vexo que hai Internet. Hai que saber… pero é un saber duro. Mortos. Igrexas destrozadas.
Chegado o domingo é tempo de evaluar. En Manta donde vivo non hai grupo de casa (cuadra) onde unha, al menos, non se fose ó chan. Noutra sabemos que hai nenos dentro. Non hai como entrar. As carreteras aserradas co o se una cortadora as tronchase. Os postes da luz, polo chan… En Portoviejo din o mesmo. Con todo en Pedernales e Cojimíes é peor. Mortos. Destrución. Sen luz. Sen auga. Cun chisco de Internet no smarfon que nos abre a información e ó mundo.
A Igrexa concatedral de Manta nunha primeira evaluación din que hai que derruirla polo perigo que conleva. En no medio desto chega un grupiño de xente. ¿Celebramos Misa? Claro Padresito. Alí, moi cerca da porta… por si hai que fuxir.
Logo, subo a casa. Todo está ciscado, como se peneiraran a casa.
E un pobo sempre festeiro hoxe esta en silencio. Silenci de Venres Santo. E entretantio colas de mais dun kilómetro para coller gasolinas ou diese…
Gracias irmaus por estar con nós. Por rezar con nós. Non temos idea aínda do que nos compre. Hai que ir vendo o que sirve e o que non. Pero valen moi pouquiñas cousas. Volvemos a empezar de case cero en moitos casos. E moitas familias empezaran desde menos de cero, desde o dolor do familiar perdido.
E cando devala o día erguemos o corazón a Deus e Deus responde con silencio… pero é un silencio preñado de ESPERANZA. Decíame una mullleriña vella esta mañá o rematarr a Misa: “Gracias Padresito por darnos esperanza”.
Ogallá sexa tamén o momento da solidaridade."


2 comentarios :

  1. Tantos anos de traballo e nuns segundos se vai todo....estamos con vos....sempre nas nosas mentes e nos nosos corazóns....Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar