12/05/2017

YA LLEGAN LOS SEMBRADORES!
















  ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER
Praza Don Bosco, 1 - Baixo - 32003 - OURENSE correo-e: amencer@amencer.org
Tfno e fax: 988-218123 - www.amencer.org
OBRAS MISIONAIS PONTIFICIAS DELEGACIÓN DIOCESANA DE MISIÓNS     
Rúa do Progreso, 26
32003 - OURENSE



" Sementadores de estrelas 2017"
Benqueridos amigos e amigas:
Dende a Delegación Diocesana de Misións e a Asociación Xuvenil AMENCER , queremos poñernos en contacto convosco para coordinar un ano máis a bonita campaña de " Sementadores de Estrelas".
A proposta é xuntarnos o sábado 16 de decembro ás 11.00 horas na Parroquia de María Auxiliadora para ter a celebración do envío e posteriormente seguir un itinerario común. Tamén cabe a posibilidade de que os grupos que o desexen (tanto de colexios como de catequeses parroquiais) se despracen ata o seu barrio a felicitar o Nadal. Tendo en conta que nos volveriamos xuntar todos na Praza Maior ás 13:00 h. para dar lectura a un manifesto final e cantar algunhas panxoliñas,facendo entre tódolos participantes unha estrela humana.
Lembrar algúns detalles de importancia a ter en conta:
  • Os grupos que vaiamos participar: colexios, parroquias, movementos... deberemos avisar con antelación á Delegación de Misións a efectos de organización, material. ..
  • Os grupos que poidan, que leven megáfonos e tamén instrumentos musicais: guitarras, pandeiretas… para animar a cantar a os rapaces e á xente que vai pasando polas rúas.
  • Os animadores facémonos presentes entre os rapaces, animándoos e acompañándoos durante toda a actividade; coidando o tránsito polas rúas (pasos de cebra, coches...)
  • Remataremos na Praza Maior ás 13:00, onde poderán unirse os pais dos nenos.
Sementadores de Estrelas
Data: 16 de Decembro, sábado
Lugar de encontro: Parroquia María Auxiliadora
Horario: de 11:00 a 13,15 h



0 comentarios :

Publicar un comentario